Compilación de términos empleados habitualmente

From Guifi - Media-pool Common Repository

Revision as of 16:08, 23 August 2013 by Al (Talk | contribs)

802.11. Aínda que 802.11 é un protocolo para redes inalámbricas, hoxe en día obsoleto, 802.11 úsase frecuentemente para referirse a unha familia de protocolos utilizados principalmente para redes inalámbricas de área local que inclúen 802.11b, 802.11g, y 802.11a. Ver tamén: Wi-Fi.

Access point (AP). Punto de Acceso. Un dispositivo que crea unha rede inalámbrica que usualmente está conectado a unha rede Ethernet cableada. Ver tamén CPE, master mode.

Address Resolution Protocol (ARP). Un protocolo moi usado en redes Ethernet para converter as direccións IP en direccións MAC. Ancho de banda. Gama de frecuencias ocupada por unha sinal. En comunicacións dixitais úsase comunmente para indicar a capacidade ou taxa de transmisión. Ver tamén: channel, throughput.

Antenna gain. Ganancia de Antena. Cantidade na que se concentra a potencia dunha antena na dirección da súa radiación máxima, usualmente expresada en dBi. A ganancia dunha antena é recíproca, o que significa que o incremento de potencia preséntase tanto en transmisión como en recepción.

Azimuth. Ángulo que especifica a desviación con respecto ó meridiano. Normalmente mídese no sentido das agullas do reloxo dende o norte, pero en astronomía ás veces mídese dende o sur. Ver tamén: inclination.

Bandwidth. Ancho de banda. Gama de frecuencias ocupada por unha sinal. En comunicacións dixitais úsase comúnmente para indicar a capacidade ou taxa de transmisión.

Bridge. Ponte. Dispositivo de rede que conecta dúas redes a nivel da capa de enlace. As pontes non encamiñan paquetes na capa de rede. Simplemente repiten paquetes entre dúas redes locais. Ver tamén: router e transparent bridging firewall..

channel. Canal. Un rango de frecuencias ben definidas usadas para comunicacións. En 802.11 cada canal ten un ancho de banda de 22 MHz, pero a separación de canles é de 5 MHz.

Class A, B, and C networks. Redes Clase A, B y C. Orixinalmente el espacio de direccións IP se adxudicaba en bloques de tres tamaños distintos: Clase A con uns 16 millóns de direccións, clase B con o redor de 65 mil direccións e clase C con 255 direccións.

Collision. Colisión. As colisións en unha rede Ethernet ocorren cando dous dispositivos conectados o mesmo segmento físico intentan transmitir o mesmo tempo. Cando se detecta unha colisión, os dispositivos abstéñense de transmitir por un tempo breve determinado aleatoriamente.

Customer Premises Equipment CPE. Equipo de rede tal como un enrutador ou un Ponte instalado na propiedade do usuario. decibel (dB). Unidade de medida logarítmica que expresa a magnitude de potencia con respecto a un nivel de referencia. Os seus derivadas máis comúns son o dBi (decibeis relativos a un radiador isotópico) e dBm (decibeis relativos a 1 mW).

Direct Sequence Spread Spectrum (DSSS). Espectro Ensanchado por secuencia directa. Método de modulación utilizado nos radios 802.11b

Antena direccional. Antena que radia máis enerxía en unha dirección particular. Como exemplos temos as Yagi, parabólicas e de guía-onda. Ver tamén: antena omnidireccional, antena sectorial.

Espectro Electromagnético. Rango das diferentes frecuencias da enerxía electromagnética, que inclúe ondas de radio, microondas, luz visible e raios X.

Firewall. Cortafuegos. Enrutador que acepta o nega tráfico con base en algún criterio. Constituie una ferramenta básica utilizada para protexer toda a rede de tráfico non desexado.

Firmware. pequeno programa residente en unha memoria de algún dispositivo que pode ser actualizado polo usuario.

Full duplex. Equipo de comunicacións capaz de transmitir e recibir simultaneamente (como un teléfono). Ver tamén: half duplex.

Ganancia. A capacidade de un dispositivo (tal como unha antena o un amplificador) de aumentar a potencia de unha sinal. Ver tamén: decibel.

Ganancia de Antena. Cantidade na que se concentra a potencia de unha antena na dirección da sua radiación máxima, usualmente expresada en dBi. A ganancia de unha antena é recíproca, o que significa que o incremento de potencia presentase tanto en transmisión como en recepción.

Enrutable globalmente. Direccións subministradas por un ISP, ou polo RIR (Regional Internet Registry) que son alcanzables dende calquera

Punto da Internet. En IPv4 hai uns catro mil millóns de direccións IP posibles, aínda non todas son enrutables globalmente.

Half duplex. Equipo de comunicación capaz de transmitir ou recibir, pero nunca simultaneamente (como os radios de dúas vías). Ver tamén: full duplex.

Hub. Concentrador. Dispositivo Ethernet que repite os datos recibidos en todos os seus portos.

IFIP. (International Federation for Information Processing) é unha organización non gobernamental internacional, cuxa creación auspiciou

Unesco en 1960. O núcleo principal da actividade de IFIP xestiónano os Comités Técnicos (TCs). En eles coordinan a súa actividade e os seus traballos técnicos informáticos de Universidades e Centros de investigación. Internet Assigned Numbers Authority (IANA). A organización que administra partes críticas de infraestrutura de Internet incluíndo a adxudicación das direccións IP, os servidores DNS raíz e dos números de protocolos de servizo. Corrente producida en función do voltaxe xerado en unha cela ou panel solar iluminado.


Latencia. Tempo que tarda un paquete en atravesar unha conexión de rede. A miúdo utilizase (incorrectamente) para designar o Round Trip Time (RTT), posto que é moito máis fácil medir este último parámetro en unha conexión de área estendida que a verdadeira latencia. Ver tamén: Round Trip Time. Line of Sight (LOS). Línea de vista. Si unha persoa dende un punto A logra ver un punto B, dise que existe liña de vista entre ambos puntos. MAC address. Dirección MAC. Número de 48 bits asignado univocamente a todo dispositivo de rede cando é fabricado.A dirección MAC utilizase para comunicacións link-local.

Filtrado por MAC. Método de control de acceso baseado na dirección MAC dos dispositivos que se comunican.

mesh. Malla. Rede carente de organización xerárquica, onde cada nodo pode transportar o tráfico de outros nodos. As boas implementacións de redes en malla detectan e resolven automaticamente os problemas de enrutamiento en forma dinámica.

MMCX. Conectador de microondas moi pequeno utilizado en equipos de Senao e Cisco.

Conector N. Conectador de microondas utilizado en compoñentes para exteriores, como antenas e puntos de acceso (AP).

Network Address Translation (NAT). NAT é unha tecnoloxía de rede que permite que moitos computadores compartan unha mesma dirección de rede válida (enrutable globalmente). Aínda que isto é moi útil para resolver o problema do número limitado de direccións IP dispoñibles, crea un desafío técnico para servizos bidireccionais, como Voz sobre IP.

OFDM: ver Orthogonal Frequency Division Multiplexing.

omnidirectional antenna. Antena Omnidireccional. Tipo de antena que irradia con igual intensidade en tódalas direccións do plano horizontal. Ver tamén: antena direccional, antena sectorial.

Orthogonal Frequency Division Multiplexing (OFDM). Técnica de modulación que consiste en descomporen unha sinal de banda ancha en moitos compoñentes de banda angosta, cada unha delas cales é modulada en frecuencia por unha subportadora. Gracias á propiedade matemática de ortogonalidade das subporteadoras minimizase a interferencia entre elas, o que resulta nunha sinal máis robusta respecto á multitraxectoria.

Paquete. En redes IP, os mensaxes enviados entre computadores fracciónanse en pequenos anacos chamados paquetes. Cada paquete conten a información de procedencia, destino e outros detalles de enrutamiento que permiten entregalo o seu destino. Os paquetes son reensamblados no extremo remoto mediante TCP (ou outro protocolo) antes de ser pasados á aplicación.

Pasarela por defecto. Cando un enrutador recibe un paquete destinado a unha rede para a cal non ten unha ruta específica, envíao á pasarela por defecto. A pasarela por defecto repite entón o proceso, posiblemente enviando o paquete a súa propia pasarela por defecto, ata que o paquete remata no seu destino final.

pigtail. Latiguillo. Cable corto e flexible usado en microondas para converter un conectador non estándar en algo máis robusto e común. Serve tamén para reducir o esforzo mecánico aplicado ó conectador del radio.

Power over Ethernet (PoE). Técnica utilizada para subministrar corrente continua a un dispositivo utilizando o cabreado Ethernet. Ver tamén: end span injectors, mid span injectors.

Proxy. Programa ou dispositivo que realiza unha acción en representación de outro. Moi comúns os servidores proxy que almacenan localmente as páxinas web máis frecuentadas para disminuir o tráfico do enlace a Internet.

Regional Internet Registrars (RIR). Os 4 mil millóns de posibles direccións IP son administrados por IANA. O espazo foi dividido entre grandes subredes, cuxa administración foi delegada a algunha das 5 entidades rexionais chamadas Registrars, cada unha con autoridade sobre unha gran área xeográfica. Por exemplo, en América Latina e o Caribe é LACNIC.

Request for Comments (RFC). Os RFC son unha serie de documentos numerados publicados pola Internet Socierty que describen as ideas e conceptos das tecnoloxías de Internet. Non tódolos RFC son estándares, pero moitos son aprobados explicitamente polo IETF, ou en algún momento convertense en estándares. Os RFC están dispoñibles en liña en http://rfc.net/.

Round Trip Time (RTT). Tempo de ida e volta. Cantidade de tempo que lle toma a un paquete para que a confirmación da súa recepción chegue ó transmisor. Frecuentemente confundido coa latencia.

router. Enrutador, ruteador, encamiñador. Dispositivo que reenvía paquetes entre diferentes redes. O proceso de reenviar paquetes cara o próximo salto é chamado enrutamento, ruteo ou encamiñamento. routing. enrutamiento, ruteo ou encamiñamento. Proceso de reenviar paquetes entre diferentes redes. O dispositivo que o realiza chamase enrutador ou ruteador. RP: ver Reverse Polarity. RP-TNC. Versión modificada do popular conectador de microondas TNC co xénero invertido, utilizado polos equipos fabricados por Linksys.


Antena sectorial. Antena que radia principalmente nunha área específica. O faz pode ser tan amplo como de 180 grados, ou tan estreito como 60 grados. Ver tamén: directional antenna, omnidirectional antenna. Secure Sockets Layer (SSL). Tecnoloxía de cofrado de extremo a extremo incorporada practicamente en tódolos navegadores de rede (web browsers). SSL usa public key cryptography e unha public key infrastructure para permitir comunicacións seguras na web. Cando vexa unha páxina cuxo URL comeza con https, está empregando SSL.. Squid. Un web proxy cache moi popular. É flexible, robusto, con moitas funcionalidades e pode adaptarse a redes de calquera tamaño. http://www.squid-cache.org/.

Switch. Conmutador. Dispositivo de rede que prové unha conexión temporal dedicada entre nodos que se comunican. Ver tamén: hub.

Time To Live (TTL). Tempo de vida. O TTL funciona como un freo de emerxencia para sinalar o tempo despois do cal os datos deberían ser descartados. En redes TCP/IP o TTL é un contador que empeza con certo valor (tal como 64), e decrementase en cada salto (travesía por un enrutador). Si o TTL chega a 0, o paquete descartase. Este mecanismo axuda a reducir os danos causados polos lazos de enrutamento. En DNS, o TTL define a cantidade de tempo que un determinado rexistro de zoa debe ser mantido antes de actualizalo. En Squid, o TTL define canto tempo se debe almacenar un obxecto antes de volver a buscalo no website orixinal.

TNC connector. Un popular conectador de rosca utilizado en microondas.

traceroute / tracert. Ferramenta de diagnóstico ubicua usada a miúdo en conxunción con ping para determinar a ubicación de un problema na rede. A versión Unix chámase traceroute, mentres que a versión Windows es tracert. Ambas usan paquetes ICMP de solicitude de eco que van incrementando o valor do TTL para determinar que enrutadores están a usarse para conectar a anfitrión remoto e tamén mostra as estadísticas de latencia. Outra variante é tracepath que usa unha técnica semellante con paquetes UDP. Ver tamén: mtr.

U.FL. Diminuto conectador de microondas utilizado por moitas tarxetas de radio mini-PCI. Wi-Fi. Marca comercial de propiedade da WiFi Alliance usada para referirse ás tecnoloxías 802.11a, 802.11b, y 802.11g. Wi-Fi é a abreviación de Wireless Fidelity.

WITFOR: Congreso bianual internacional que se orienta á aplicación das novas tecnoloxías para o desenrolo,

Personal tools